Saltar ao contido

Miguel da Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel da Paz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de agosto de 1498 Editar o valor en Wikidata
Archbishop's Palace at Saragossa (Reino de Aragón) Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xullo de 1500 Editar o valor en Wikidata (1 ano)
Granada (Coroa de Castela) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCapela Real de Granada Editar o valor en Wikidata
Príncipe herdeiro de Portugal (pt) Traducir
Príncipe de Asturias
Príncipe de Xirona
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónherdeiro presuntivo Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPríncipe de Asturias
Príncipe de Xirona
Príncipe herdeiro de Portugal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía de Avis Editar o valor en Wikidata
PaisManuel I de Portugal Editar o valor en Wikidata  e Isabel de Aragão e Castela, Rainha de Portugal Editar o valor en Wikidata
IrmánsBeatriz de Portugal, Duquesa de Saboia
Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico
Maria de Portugal, Duquesa de Viseu
Fernando de Portugal, Duque da Guarda
Xoán III de Portugal
Henrique I de Portugal
Duarte de Portugal, 4.º Duque de Guimarães
Luís de Portugal, Duque de Beja
Afonso de Portugal Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1772783 WikiTree: Portugal-111 Find a Grave: 58460524 Editar o valor en Wikidata

Miguel da Paz de Portugal (en portugués: Miguel dá Paz de Avis e Trastâmara), nado en Zaragoza o 24 de agosto de 1498 e finado en Granada o 19 de xullo de 1500, foi príncipe de Asturias de 1499 a 1500 e príncipe herdeiro de Portugal de 1498 a 1500.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do rei Manuel I de Portugal e de Isabel de Aragón, princesa de Asturias e filla dos Reis Católicos. Naceu o 24 de agosto de 1498 en Zaragoza (Aragón), e no parto faleceu a súa nai.[1][2]

Como fillo do rei luso, era tamén príncipe herdeiro de Portugal. A morte da súa nai converteu a Miguel da Paz en Príncipe de Asturias e Xirona, títulos outorgados aos herdeiros das coroas de Castela e de Aragón. Xa que logo, de vivir o suficiente, gobernaría sobre toda a Península Ibérica, as posesións aragonesas no Mediterráneo e as posesións castelás e portuguesas de ultramar.

Miguel da Paz morreu en Granada o 20 de xullo de 1500, sen chegar a cumprir os dous anos de idade e foi sepultado en Toledo. Posteriormente foi trasladado á Capela Real de Granada onde actualmente descansa xunto aos restos da súa tía e o marido dela, Xoana I e Filipe I, e os seus avós, Isabel I e Fernando V.

Unificación ibérica

[editar | editar a fonte]

Coa súa morte morreu tamén a posibilidade de que todos os reinos da Península Ibérica unísense baixo un monarca común e que se producise o tan buscado soño da unificación ibérica. Portugal e a xa unificada España non lograrían ter un mesmo monarca ata 1580, trala vitoria española na batalla de Alcántara co goberno da península en mans de Filipe II, Filipe III e Filipe IV de España, aínda que nunhas circunstancias moi diferentes.

Antepasados

[editar | editar a fonte]